AIRE

Asociación Independiente de Registradores
                                 


Ultimas entradas




Archivos



Caamaño, un galego «con sensibilidade lingͼística e dialogante» no Ministerio

Os xuristas acollen con esperanza o nomeamento do novo ministro.
Martes, 24 de febrero de 2009

Xornal.com A Coruña.- Os representantes da Xustiza galega e os achegados ao novo ministro na comunidade acollen con esperanza o nomeamento de Francisco Caamaño e valoran o feito de que sexa un paisano, «dialogante, con sensibilidade lingͼística e formación autonómica», quen colla as rendas do actual enfrontamento entre poderes.

Os que o coñecen de preto amósanse convencidos de que Caamaño será «un grandísimo ministro». É o caso de Ramón Vigo, alcalde de Cee, que destaca o seu carácter afable e conta que o novo ministro visita a súa vila natal con frecuencia. «É un gran navegante e gústalle vir á ría», asegura. Alfonso Villagómez, maxistrado do TSXG, é amigo de Caamaño, co que estudou Dereito en Santiago e concidiu máis tarde no Tribunal Constitucional. «Ten moita formación no ámbito autonómico, algo crucial no século XXI, e tivo un papel moi importante na negociación do Estatut. Ademáis ten un carácter dialogante e penso que pode contribuír á solución do conflito actual», afirma.

As asociacións xudiciais na comunidade coinciden ao celebrar a dimisión de Bermejo, do que destacan «a súa falta de negociación e a crispación», e esperan a chegada de Caamaño como «unha nova porta aberta». «A ver se ten mellor xuízo que o anterior», asegura o presidente do Foro Judicial Independente, Juan José Reigosa. «Din que os galegos temos boa disposición ao diálogo; espero que así sexa», pide Antonio Piña, de Asociación Profesional de la Magistratura.

O voceiro de Xuíces para a Democracia, Luis Villares, salienta a «sensibilidade lingͼística» de Caamaño. «Iso é de agracedecer nun poder no que imos moi escasos dela», afirma. Ademáis, Marcelino Sexmero, de rancisco de Vitoria, admite que «non se pode partir de cero despois do sucedido, pero hai que darlle confianza total ao novo ministro».


  Imprimir Imprimir

Deje un comentario

Debe identificarse para enviar un comentario.